XAN.- Rosalía de Castro.

 

Xan vai coller leña ó monte,

Xan vai a pañal-o esterco,

Xan vai podal-as viñas,

e leva ó fol ó muiño,

e trae o estrume ó cortello,

e vai a fonte por augua,

e vai a misa c’os nenos,

e fai o leito y ó caldo…

Xan, en fin, é un Xan compreto,

d´esos qu´a cada muller

lle conviña un pol-o menos.

Pero cand´un busca un «Xan»,

casi sempre atopa un «Pedro»

Pepa, á fertunada Pepa,

muller d´o Xan que sabemos,

mentras seu home traballa,

ela lava os pes n´ó rego,

cátall-as pulgas ó gato,

peitea os longos cabelos,

bótalle millo ás galiñas,

marmura c´o hirmán d´ó crego,

mira s´hay ovos n´o niño

bota un ollo os manzanceiros,

e lambe á nata dó leite,

e si pode bota neto

c´á comadre, qu`agachado

traillo en baixo d`o mantelo,

e cando Xan ponl-a noite

chega cansado e famento,

ela xò espera antr`as mantas,

e ´ o´velo entrar dille quedo:

—Por Dios, non barulles moito…

que m´estou mesmo morrendo.

—¿Pois qué tés, ña-mulleriña?

—¿Qu’hei de ter? Deita eses nenos

qu´ esta «madre» roe en min

cal roe un can n`un codelo,

y (…)

                                                          Rosalía de Castro

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Libros.