Una poesía sarcástica.- CFL

 

Quero estreitala tua man,

pero antes debo preguntarme

se algún día non me ia bater…

 

-¡Escoita!

-¿O qué?

-A canción…

-¿Cal?

-Tanto ten…

 

-Eu poño canción protesta,

e ti, ¿que pos?

-Os Panchos.

-Eu conténtome

con ter poucos amigos…

-¿E qué pides?

-Soamente que non se atrevan

a xulgarme,

pois quero marchar pola vida

sen coidar de min…

 

-Leo a Baudelaire…

¿Ti a quen les?

-Becquer.

-O inxenuo,

que pasará un ano

nas reflexións,

quedou turbado…

-¿Baudelaire?

-Voltaire.

 

-O inxenuo

desenvolverá o seu inxenio

cando observe

coma uns xuices cegos

xulgan encol das cores,

mentras que os xuices sordos,

encol dos compositores…

 

-¿Voltaire?

-Baudelaire.

-¡Canto dominio ten a fortuna

das cousas humanas…!

¿De que xeito imos resistir

cando ela nos sexa contraria?

-¡Perdinme!

-Maquiavelo.

 

-¿Preguiza ou debilidade…?

A mais adversa das fortunas

dominase con inxenio e actividade…

-¿Maquiavelo?

-Bonaparte.

-¿Qué?

-¿O qué?

-¡É igual!

Igual que o de sempre…

-Pensei que era igual que Becquer…

 

CARMEN FORMOSO LAPIDO “Caminando sin zapatos”

Anuncios
Esta entrada fue publicada en Libros.